Cargando resultados...
A Xunta autoriza a celebración das festas na illa de Ons, pero controlando os decibeles
A música poderá soar o próximo sábado entre as 22:00 e as 3:00 para a celebración do san Xoaquín
G24.gal
18/08/2026 11:36
Un triunfo para os veciños de Ons. O vindeiro sábado, cando tiñan previsto celebrar a festividade de san Xoaquín, poderán contar cunha verbena con música.
Medio Ambiente autorizou finalmente a presenza dun DJ, de maneira estraordinaria e puntual, entre as 22:00 e as 3:00 da madrugada, pero cun control estrito dos decibeles.
Os veciños da illa manifestáronse a fin de semana en contra da prohibición de celebrar eventos musicais como veñen facendo tradicionalmente para festexar o seu patrón.
A orixe do conflito radicaba na inclusión da actuación do picadiscos e a posible contaminación acústica que xeraría neste espazo protexido.