Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os maiores de 74 anos que usan Internet duplícanse en catro anos en Galicia

Os maiores de 74 anos que usan Internet duplícanse en catro anos en Galicia

Entre as persoas maiores de 74 anos, a porcentaxe aumenta 5,1 puntos e chega ao 34,5%

Preto do 35% das persoas 65 a 74 anos que usan Internet compran en liña

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 24/10/2026 10:38

O uso de Internet entre as persoas maiores de 74 anos en Galicia pasou do 17,6% en 2021 ao 34,5% en 2025, o que supón case duplicar o número de internautas desta franxa de idade e a incorporación á rede de 67.483 persoas máis.

No grupo dos 65 a 74 anos o incremento foi do 44,1%, o que implica preto de 80.000 novos usuarios de internet.

Son datos recolleitos no informe Seniors Dixitais. Edición 2025, publicado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O estudo constata a incorporación das persoas maiores á sociedade dixital, cun maior uso dos servizos electrónicos e con fogares que melloran o seu equipamento e a calidade das conexións.

O teléfono móbil continúa sendo o dispositivo máis utilizado: emprégano o 82,6% das persoas de 65 a 74 anos e o 44,1% das maiores de 74. Tamén avanza o uso das tabletas, que alcanza o 21,1% e o 7,8%, respectivamente.

Entre os servizos dixitais máis empregados destaca o uso da administración electrónica, á que acceden o 70% dos internautas de 65 a 74 anos e o 53% dos maiores de 74.

Outro dato recolleito no informe Seniors Dixitais. Edición 2025 é que preto do 35% das persoas 65 a 74 anos que usan Internet é para compras en liña, e a banca electrónica e a cita médica en liña consolídanse entre os servizos dixitais máis empregados.

Así mesmo, destaca que o 83,9% dos internautas de 65 a 74 anos e o 79,2% dos maiores de 74 realizan chamadas e vídeochamadas. A lectura de noticias en liña tamén presenta unha participación elevada, do 78,5% e do 60%, respectivamente.

O 68,2% entre os internautas de 65 a 74 anos e o 47,8% entre os maiores de 74 empregan a banca electrónica, e a cita médica a través dunha web ou unha aplicación é o recurso habitual para o 58% e o 43,5% destes grupos de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade