A conectividade dos electrodomésticos mellora a vida cotiá pero abre a porta aos cibercarrachos
O termo Internet das cousa xa é vello, e polo tanto o gran risco é un ciberataque
Cada vez máis fogares galegos contan con electrodomésticos conectados á internet: frigoríficos, fornos, máquinas de café...
Esta conectividade permite, por exemplo, apagar ou encender o aparello co teléfono móbil. Todo semellan vantaxes, pero isto tamén é outra porta de entrada aos cibercarrachos.
Máis aló de bater cunha aspiradora intelixente que avanza en redondo polo chan, os aparellos conectados a internet que temos nos fogares e que podemos controlar a distancia teñen perigos.
Están conectados a Internet, o termo Internet das cousa xa é vello, e polo tanto o gran risco é un ciberataque. Porque conectividade e igual a exposición a ataques. Un electrodoméstico intelixente recopila información, como cando ou non estamos na casa, que consumos temos...
E para protexer o fogar e a información persoal é indispensable actualizar os softwares e usar contrasinais seguras.
Fernando Suárez, o presidente do Colexio de Enxeñería Informática de Galicia, cóntanos en Vigo que o ataque cibernético desta semana en Francia foi máis aló do roubo de datos, trascendeu das cousas, o mundo físico porque estragou a comida dos supermercados. Esto é para a inxeñería informática unha chamada de atención.
Na nova era das casas con aparellos intelixentes hai que comezar a protexerse. Conectividade é igual a exposición a ataques.
"As cousas están conectadas a Internet non só para nós senón para todo o mundo. E por tanto temos que ter en conta que temos que actualizar os softwards e as contrasinais para evitar que persoas non desexadas poidan acceder a elas, non só porque poidan poñer en funcionaento as máquinas, por exemplo a aspiradora, senón porque poden obter moita información da nosa vida, das nosas costumes, cando entramos, cando saímos, que tipo de consumo facemos. Polo tanto é a nosa vida e temos que esixir que ninguén teña acceso a elas", explica a TVG Fernando Suárez, o presidente do Colexio de Enxeñería Informática de Galicia.
Esixir ás tecnolóxicas que poñan medidas para garantir a nosa seguridade pero non esquecer que o usuario ten aprender a protexerse coa actualización dos sofwards e co uso de contrasinais adecuadas.
"Temos que facer un esforzo como sociedade para capacitarnos, para formarnos, para entender o mundo no que vivimos porque iso tamén vai redundar na nosa seguridade, na nosa privacidade e en evitar que os posibles ciberatacantes poidan ter éxito" engade Fernando Suárez, o presidente do Colexio de Enxeñería Informática de Galicia.
O mundo da ciberdelicunecia move hoxe máis tráfico e máis cartos que o narcotráfico e o tráfico de persoas, o que da a medida do seu refinamento e do seu impacto económico.