Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos navegar pola Rede desde o anonimato?

Podemos navegar pola Rede desde o anonimato?

Aceptar as 'cookies' é abrir a porta da nosa intimidade

Ler as condicións de uso das webs é imposible: por cada día de navegación deberiamos investir 83 horas

G24.gal 29/09/2026 13:53

É un momento tenso por moito que esteamos afeitos a el. A páxina en cuestión ínstanos a aceptar as cookies, pero esas galletiñas levan consigo unha invitación a que centos de compañías nos espíen.

"Saben os nosos criterios e hábitos de navegación e a publicidade que recibimos vai máis dirixida", advirte Román Arias, avogado e delegado de protección de datos certificado pola AEPD.

É dicir, que se chegamos a unha web musical tras buscar un modelo de guitarra, ou a ese portal de turismo tras teclear o nome dunha cidade, podemos agardar meses de bombardeo comercial sobre esas materias. Aínda así, case ninguén para a ler as condicións antes de aceptar as cookies como animal de compaña.

Pero un estudio recente confirma a trampa. Ler as condicións de privacidade é materialmente imposible. Por cada día de navegación deberiamos investir 83 horas en revisar esas condicións de uso. Aínda sen facer outra cousa, non dariamos feito.

"Unhas moi extensas ou sumamente complexas serían abusivas para un usuario medio", admite Román Arias.

A pelota está, xa que logo, no tellado dos lexisladores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade