Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado en helicóptero despois de ser rescatado da auga en Sanxenxo

Evacuado en helicóptero despois de ser rescatado da auga en Sanxenxo

O home pediu auxilio na auga e axudáronlle a saír. "Tragou bastante auga, pero non perdeu a consciencia", explica o concello

Momento da evacuación (Concello de Sanxenxo) Momento da evacuación (Concello de Sanxenxo)
G24.gal 09/09/2026 20:13

 Un home de 69 anos necesitou ser rescatado da auga esta tarde na praia de Bascuas, en Noalla, no municipio de Sanxenxo (Pontevedra). Posteriormente, foi evacuado en helicóptero.

Segundo informa o Concello de Sanxenxo, o home pediu auxilio na auga e axudáronlle a saír. "Tragou bastante auga, pero non perdeu a consciencia", explica.

O 112 Galicia indica que foi un particular o que, sobre as 16,50 horas, alertou de que sacaran da auga a unha persoa na praia de Bascuas. Nese momento, varias persoas que se atopaban na zona trataban de reanimalo.

Finalmente, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse de trasladala ao Hospital de Montecelo.

No operativo, alén dos servizos sanitarios, participaron a Garda Civil, o Servizo de Emerxencias e a Policía Local de Sanxenxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade