Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas quedaron feridas ao colidiren frontalmente dous turismos en Cuntis

Tres persoas quedaron feridas ao colidiren frontalmente dous turismos en Cuntis

Os feridos foron evacuados en ambulancia a un centro hospitalario

O sinistro provocou importantes retencións de tráfico

G24.gal 08/09/2026 09:02

O accidente ocorreu contra as sete da tarde deste luns no quilómetro 212 da N-640, en Piñeiro (Cuntis). Un particular alertou o 112 Galicia despois de que dous coches colidisen frontalmente e provocasen danos a varias persoas.

Ata o lugar do sinistro trasladáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Salnés, dos voluntarios de Protección Civil de Cuntis e dos operarios de mantemento da vía. Tamén colaboraron os membros de Emerxencias A Estrada.

Cando chegaron ao lugar, confirmaron que había tres persoas feridas, que foron evacuadas en ambulancia a un centro hospitalario.

O sinistro provocou importantes retencións de tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade