Cargando resultados...
Os mandilóns escolares seguen á moda
Cando apenas queda un día para o inicio de curso, nais e pais apuran as últimas compras de equipamento
Entre libros, estoxos e uniformes aparece un elemento clave: o mandilón
Unha peza que non só é funcional senón que cada vez máis busca adaptarse á moda
G24.gal
07/09/2026 20:34
Hainos de raias, de cadros, con colo ou sen el, e cada vez buscando coidar máis a estética con novas cores. Os mandilóns seguen presentes en moitos colexios e escolas. E máis alá das tendencias, manteñen a súa función orixinal.
Nalgúns centros mesmo teñen dous, un só para afrontar os riscos de manchas no comedor. Na maioría dos casos abotóanse polo medio con pezas grandes para facilitar o traballo dos cativos.
Os prezos deste tipo de mandilóns, roza entre os 12 e os 18 euros.