Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na volta ao cole, as familias prevén gastar unha media duns 550 € por fillo en libros e material escolar

Na volta ao cole, as familias prevén gastar unha media duns 550 € por fillo en libros e material escolar

Pouco máis dunha semana para o inicio do curso escolar que este ano arrincará en Galicia, como data xeral para a meirande parte do alumnado, o mércores 9 de setembro

O número de alumnos rolda os 300.000, cunha pequena perda de matrículacións

A comunidade si terá unha cifra récord de docentes: sumaranse 900 mestres na secundaria, destaca o aumento na atención á diversidade

G24.gal 29/08/2026 15:07

As familias afrontan estes días os gastos da volta ao cole e algunhas librerías comezan a estar desbordadas, outras xa o teñen todo moi planificado desde hai meses.

"Desde que acaban as clases hai xente que xa ten o listado do material e os libros, e cando remata o cusrso xa veñen aquí a facer as reservas para ter todo listo para setembro. A venda suele ser escalonada e o forte forte a partir da semana do día 7, en setembro o habitual é que as colas cheguen ao final da tenda", di María Mato Blanco, responsable de Papelería Xaquín.

"Teño dúas fillas e oa final é todo de golpe, os uniformes, os libros... ao mellor gastamos 400 ou 500 incluso", di un pai pendente da volta ás aulas.

Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) o gasto que as familias estiman destinar na volta ao cole rolda unha media de 550 euros por fillo ou filla só en libros e material escolar. Isto non inclúe roupa, matrícula nin comedor.

En Galicia a media é a duns 415 euros por neno, un desembolso do que a parte máis importante e ineludible son os libros de texto.

"Sobre 500 ou 600 euros por rapaz", destaca unha nai.

"Teño dúas fillas, é complicadísimo porque cambian os libros aínda que non cambie o contido, todo os anos hai que pasar por caixa", comenta outro pai.

Despois hai que ter en conta os vales da Xunta para mercar libros e material escolar, que varían entre 60 e 300 euros segundo a renda familiar e o curso. Tamén inflúe a iniciativa de educación dixital E-Dixgal, na que unha parte do material é en papel e outra parte é dixital, polo que o gasto pode ser menor.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade