Publicador de contidos

Publicador de contidos

De forma excepcional, ata o vindeiro día 31, vaise habilitar circular polo treito en obras da A6

De forma excepcional, ata o vindeiro día 31, vaise habilitar circular polo treito en obras da A6

O Ministerio de Transportes decidiu permitir o tráfico por esta vía, o que evita que haxa que atravesar os núcleos urbanos das Nogais, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro a través da estrada nacional VI

 

G24.gal 29/08/2026 14:35

De forma excepcional, esta fin de semana os automobilistas que van cara a Meseta pola Autovía A6 non teñen que se desviar pola antiga estrada Nacional VI. O Ministerio de Transportes habilitou o treito da autovía afectado polas obras de repavimentación. 

Supón circular entre conos e paneis informativos das obras ao longo de 24 quilómetros, cunha velocidade limitada a 80 quilómetros por hora.

Deste xeito evítase ter que atravesar os núcleos das Nogais, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro, pola estrada nacional. O volume de tráfico facía que a miúdo se rexistrasen retencións. 

A circulación cara Madrid polo treito en obras da autovía manterase durante a operación retorno das vacacións, ata o vindeiro luns. Máis difícil o teñen en Ourense. Na Nacional 120, entre o cruce de Penalba e Luíntra, un desprendemento mantén a vía regulada por semáforos e ollo os que viaxan pola Nacional 540 que une Ourense e Lugo porque á altura de Chantada hai varios treitos da estrada que están sen pintar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade