Os maquinistas manteñen a folga para esixiren un cambio na seguridade da rede ferroviaria
O sindicato de maquinistas, SEMAF, denuncia que os sistemas de seguridade están obsoletos e que poñen en risco a vida dos pasaxeiros
Os maquinistas din que hoxe máis que nunca tiñan que ir a folga. Están moi preocupados pola seguridade ferroviaria. Os maquinistas denuncian que os sistemas de seguridade están obsoletos e que poñen en risco a vida dos pasaxeiros. É unha das razóns polas que manteñen a folga convocada hoxe en toda España.
"Seguiremos reivindicando as medidas necesarias para que este sector volva ser seguro, non queremos tolerar de ningunha maneira que este tipo de sucesos volva ocorrer", explica o presidente do sindicato de maquinistas, SEMAF, Diego Martín.
O de hoxe é un paro de 24 horas que afectou sobre todo os trens de proximidades, coa suspensión dalgunhas liñas.
"Levo 20 minutos e nada non pasa"; di unha moza, outra muller asegura: "Non teño ningún tren".
Nalgúns traxecto houbo demoras de ata unha hora.
"Xa chego tarde", di un mozo, outro comenta: "Atrasouse unha hora ou hora e vinte".
E había que buscar outra alternativas para desprazarse.
"Pois irei andando, media hora teño"; di un rapaz, unha muller engade: "Eu vou coller o autobús".
Onde houbo menos afectación foi nos traxectos de longa distancia. Pero houbo outro susto nos trens de alta velocidade en menos de 24 horas despois do accidente de Toledo, os que facían a ruta Murcia-Madrid unha avaría na catenaria obrigaba o convoi a deterse no túnel de Aranxuez e a cortar a circulación na vía.