Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os equipos de rescate buscan posibles vítimas entre os ferros dos trens sinistrados en Urda

Os equipos de rescate buscan posibles vítimas entre os ferros dos trens sinistrados en Urda

Conseguiron mover con guindastres un dos vagóns accidentados

O balance provisional mantense en 68 vítimas mortais e 15 feridos graves

64 persoas denunciaron ante a Garda Civil a desaparición de familiares no sinistro de Urda

directo
G24.gal 29/10/2026 08:10 Última actualización 29/10/2026 09:31

​No lugar do sinistro, o traballo non parou durante toda a noite. Axudados por grandes focos, e mesmo drons, os equipos de rescate seguen buscando posibles superviventes pero tamén probas que permitan esclarecer as causas do sinistro. As tarefas están coordinadas desde o centro de mando.

Dous enormes guindastres estiveron levantando con moito coidado os vagóns envorcados na busca de posibles vítimas atrapadas entre os ferros. Conseguiron mover polo menos un dos que se precipitou por un terramplén.

En total, arredor de 500 efectivos da Garda Civil foron mobilizados no lugar do sinistro. Neste momento traballan arredor de 200, aos que hai que sumar membros da UME, Protección Civil e medios sanitarios.

Alí traballan taménas unidades do Equipo de Grandes Catástrofes do Servizo de Criminalística. Segundo Ramón Cuevas, voceiro da Garda Civil, os cans de rastrexo van entrar para ver se atopan restos biolóxicos.

Ademais de cámaras térmicas, tamén usan drons que fotografan o lugar do sinistro. "Estes drons fan unha especie de fotograrías ou cartogramas que nos servirán no futuro a facer unha reconstrución 3D do escenario do accidente", explica o voceiro da Garda Civil, Ramón Cuevas.

A Garda Civil estableceu un perímetro de seguridade de dous quilómetros desde a zona cero para facilitar o traballo que desenvolven a Policía e as autoridades xudiciais.

64 persoas denunciaron a desaparición de familiares ante a Garda Civil

A Garda Civil recibiu ata o momento 64 denuncias de persoas informando de familiares desaparecidos tras o accidente ferroviario deste mércores en Urda (Toledo).

Estas denuncias tramitáronse nas distintas oficinas que o Instituto Armado habilitou para os familiares das vítimas.

Polo menos 13 denuncias rexistráronse en Madrid, 9 en Toledo e 7 en Sevilla.

Comezan os labores de identificación dos 68 falecidos no accidente

24 horas despois do sinistro, comezan os labores de identificación dos 68 corpos que foron recuperados en Udra. O Instituto de Medicina Legal de Toledo recibiu xa un total de 52 cadáveres. Os médicos forenses realizaron un total de 8 autopsias, segundo informa o Centro Integrado de Datos (CID), constituído este mércores.

Outros dous corpos de falecidos no accidente ferroviario atópanse no Instituto de Medicina Legal de Ciudad Real.

As cinco comitivas xudiciais atópanse traballando na zona do sinistro para o levantamento doutros posibles falecidos.

Nos hospitais permanecen ingresadas 15 persoas en estado grave

Do total de 186 persoas feridas no accidente, 53 permanecen ingresadas en hospitais de Castela-A Mancha: 15 en Ciudad Real, 36 en Alcázar de San Juan, 41 en Toledo, 13 en Manzanares, 4 en Valdepeñas e 1 en Albacete. Delas, 15 están en estado grave, segundo a voceira do Goberno manchego.

En total, 83 persoas feridas foron derivadas a hospitais madrileños. Deles 4 permanecen nas Unidade de Coidados Intensivos do Hospital 12 de Outubro; do Hospital de Xetafe e no Hospital da Paz.

Máis de 70 persoas pasan a noite na Casa Sacerdotal de Toledo tras accidente de Urda

Un total de 72 persoas, entre familiares dos afectados polo accidente ferroviario de Urda (Toledo) e persoal do dispositivo, foron derivados na noite deste mércores ao xoves á Casa Sacerdotal de Toledo.

Fontes da Delegación do Gobierno central en Castela-A Mancha informaron de que en total a Garda Civil derivou á Casa Sacerdotal de Toledo a 59 familiares e trece persoas do dispositivo despregado con motivo do accidente ferroviario, no que faleceron polo menos 68 persoas e decenas de persoas seguen hospitalizadas en centros hospitalarios de Toledo e Ciudad Real.

O obxectivo é que poidan esperar nese lugar ata que se lles poida dar información dos seus familiares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade