Os condutores reclaman reparacións de calidade no treito da A-6 entre O Corgo e Guitiriz
As fochancas poden empeorar ca chegada do inverno
O Consello de Ministros aprobou xa unha partida de 30 millóns
O estado do firme na A-6 entre O corgo e Guitiriz supón unha dor de cabeza para os condutores. Os que máis o pagan, os transportistas.
"Un pouco áspera, non esta moi refinada. Queda bastante por mellorar. É o que temos que soportar", comenta un camioneiro.
Fochancas e alteracións nas estradas que se poden agravar aínda máis coa chegada do inverno e as choivas dos próximos meses. O Consello de Ministros aprobou xa unha partida de 30 millóns para a rehabilitación deste treito de preto de 60 quilómetros. Uns arranxos que son ben vistos polos condutores; iso si, queren que sexan reparacións de calidade.
"Non as fan ben, tiñan que esforzarse máis en melloralas. Non poden poñer unha pequena capa de asfalto que cas chuvias levantase outra vez", comenta outro transportista.
Para o inicio das obras aínda terán que agardar, polo momento prepáranse para pasar o inverno co menor numero de incidencias posibles nas estradas.