Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retencións de varios quilómetros na A-6 á altura de Becerreá polas obras na autovía

Retencións de varios quilómetros na A-6 á altura de Becerreá polas obras na autovía

As retencións son en dirección Madrid e coinciden coa operación saída da segunda quincena de agosto

Imaxe da DXT Imaxe da DXT
G24.gal 17/08/2026 15:18

As obras da A-6 na provincia de Lugo están a xerar retencións de varios quilómetros en Becerreá, coincidindo coa operación saída da segunda quincena de agosto.

Segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a "conxestión" rexístrase durante seis quilómetros da vía en dirección Madrid, desde o punto quilométrico 460.0 ata o 455.3.

A A-6 está cortada nese punto, cun desvío pola N-6, con motivo das obras que realiza en varias fases o Ministerio de Transportes para a rehabilitación estrutural da autovía entre os quilómetros 407 e 480,5, nas provincias de Lugo e León.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade