Cargando resultados...
A Xunta anuncia a solución para a desgravación polos libros de texto
O que van facer é introducir nesa disposición adicional a excepción da desgravación fiscal dos pagamentos en efectivo realizados no 2025
G24.gal
10/02/2026 14:01
As familias que pagaron en efectivo o material escolar van poder acollerse ás desgravacións fiscais igual que os que pagaron con tarxeta. A Xunta xa ten a fórmula para que non queden fóra.
Anunciouno o conselleiro de Facenda. O que van facer é introducir nesa disposición adicional a excepción da desgravación fiscal dos pagamentos en efectivo realizados no 2025.
Corgos participou nun acto do Círculo de Empresarios de Galicia. Trasladoulles o compromiso da Xunta para que o tecido empresarial galego poida seguir medrando.