Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo aposta pola visita do Rei a Ceuta e o Goberno prepara novas axudas para os inmigrantes

Feijóo aposta pola visita do Rei a Ceuta e o Goberno prepara novas axudas para os inmigrantes

O líder do Partido Popular pídelle ao Goberno de Sánchez que autorice a visita do monarca a territorio ceutí

No PSOE din que optan pola transparencia e as comparecenciais ministeriais fronte ás "falsidades" do PP

G24.gal 22/08/2026 14:23

A situación en Ceuta dista da normalidade. Informes internos da Policía Nacional indican que uns 8.000 inmigrantes non regresaron a Marrocos e que preto de 6.500 se moven pola cidade autónoma fóra do control das autoridades. Un dos motivos evidentes é o temor a unha devolución a territorio marroquí.

Tres semanas despois da avalancha, o Goberno decidía establecer este venres un mando único baixo a dirección do ministro Ángel Víctor Torres. Agora, o executivo anuncia que no Consello de Ministros do martes vindeiro aprobará unha axuda de 25 millóns para a atención dos menores.

Neste contexto, a presenza do Rei en Ceuta segue a ser unha incógnita e o líder do Partido Popular pide que o Goberno de Sánchez autorice esa visita:

"Estou convencido de que o Rei quere ir a Ceuta e farao cando o Goberno de España autorice ese desprazamento".

Feijóo reclama a presenza en Ceuta de Fróntex, a garda de fronteiras da Unión Europea:

"Necesitamos a Fróntex, necesitamos todos os intrumentos que utilizan o resto de países da Unión Europea para protexer as súas fronteiras e o unico que non os utiliza é o Goberno de España. Por que?"

Desde o PSOE, Patxi López acusa o PP de "alimentar falsidades" e di que os socialistas optan pola transparencia:

"A semana que vén, en pleno agosto, sete ministras e ministros van comparecer no Congreso dos Deputados para dar todas as explicacións necesarias sobre a situación de Ceuta".

Haberá comparecencias no Congreso, pero o Tribunal Supremo acaba de rexeitar o pedimento do PP para que os ministros acudan ao Senado antes de que remate este mes de agosto.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade