Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven desaloxar máis de mil migrantes da praia do Trampolín, en Ceuta

Volven desaloxar máis de mil migrantes da praia do Trampolín, en Ceuta

Fontes policiais apuntan que boa parte das persoas que este venres volveron concentrarse no Trampolín poderían proceder de grupos de migrantes que se atopaban espallados por distintos puntos da cidade

A Cidade Autónoma mantén agora despregado un importante dispositivo de limpeza co propósito de recuperar completamente o espazo litoral e devolvelo ás condicións previas á instalación do asentamento

EFE/Reduan EFE/Reduan
G24.gal 21/08/2026 11:41 Última actualización 21/08/2026 12:07

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado volveron despregarse a primeira hora deste venres na praia do Trampolín para desaloxar os máis de mil migrantes que se atopaban novamente concentrados nesa zona tras seren desaloxados este xoves.

Por agora non se comunicou oficialmente o destino das persoas que permanecen este venres no Trampolín nin se serán trasladadas a algún dos dous recursos temporais de acollida que comezaron a funcionar este xoves, en Loma Margarita e o Embolsamiento de Loma Colmenar.

O Goberno central e a Cidade Autónoma de Ceuta continúan traballando na ampliación da capacidade de acollida coa preparación e acondicionamento doutros tres emprazamentos: o campo de fútbol de Montesa número 3, a chaira da antiga fábrica de guano e as instalacións da Hípica.

Estes espazos forman parte do dispositivo deseñado para facer fronte á situación xerada tras a entrada masiva de migrantes rexistrada os pasados 30 e 31 de xullo.

Fontes policiais apuntan que boa parte das persoas que este venres volveron concentrarse no Trampolín poderían proceder de grupos de migrantes que se atopaban espallados por distintos puntos da cidade.

Segundo estas fontes, algúns interpretarían que permanecer na praia pode constituír un paso previo para acceder posteriormente a algún dos recursos temporais de acollida habilitados polas administracións.

A situación evidencia as dificultades para manter desaloxado o asentamento despois de que onte máis de 1.200 migrantes fosen trasladados desde O Trampolín cara a Loma Margarita e o Embolsamiento de Loma Colmenar, xa que horas despois decenas deles regresaron á praia, aparentemente para recuperar pertenzas, o que obrigou a paralizar temporalmente os traballos de limpeza por falta de presenza policial que garantise a seguridade dos operarios.

A Cidade Autónoma mantén agora despregado un importante dispositivo de limpeza co propósito de recuperar completamente o espazo litoral e devolvelo ás condicións previas á instalación do asentamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade