Publicador de contidos

Publicador de contidos

A volta ao colexio custará unha media de 415 euros por neno ás familias galegas

A volta ao colexio custará unha media de 415 euros por neno ás familias galegas

Cada familia galega gastará unha media duns 415 euros por neno entre libros e material escolar, un 2,65% máis que o ano pasado e uns 80 euros máis que hai catro anos

Revisar o material do ano anterior para ver que se pode reutilizar, planificar as compras e facer seguemento das ofertas son algúns consellos para aforrar na volta ás aulas 

G24.gal 23/08/2026 14:39

O 9 de setembro comeza o curso escolar e son moitas as familias que estes días afrontan xa os gastos da volta ao cole. Van gastar unha media duns 415 euros por neno, un desembolso do que a parte máis importante e ineludible son os libros de texto.

"Sempre hai unha pequena suba, creo que o ano pasado foi unha un pouco máis importante, quizais entre un e tres euros. Logo tamén inflúe a materia, os cursos, por exemplo os da ESO son máis caros. Inflúen moitos factores", explica Rosa Mallo da libraría Follas Novas.

Mochilas, libretas ou estoxos completan a conta de gastos para as familias. Unha conta á que nalgúns casos hai que sumar o uniforme.

"As cousas está difíciles e tal, pero nós tamén collemos os bonos da Xunta e eso axuda un pouquiño porque a xente así leva o uniforme co implemento dun desconto", di Rosa Guillán da tenda Atmosfera Sport.

Entre as recomendaciós dos expertos en consumo para aforrar na volta ao cole están: non esperar a última hora para facer as compras, comparar o prezo de diferentes establecementos e tamén acudir ao mercado de segunda man ou ás aplicacións de intercambio de material

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade