Nervios, ilusión e añoranza das vacacións na volta ao cole
Uns 303.000 estudantes volven mañá en Galicia ao cole, 20.000 menos que hai dez anos debido á crise demográfica
Nervios, emoción, desexo de ver ás amigas e aos amigos e certa nostalxia polas vacacións que xa se acaban son os sentimentos que predominan entre o alumnado que mañá volve ás aulas. Son unhas 303.000 persoíñas, pero a crise demográfica tamén se evidencia aquí, con 20.000 alumnos menos matriculados que hai dez anos.
Este domingo pola mañá nenas e nenos ultimaban os detalles pendentes nas librerías: o carpeblock, unha goma ou rotuladores... algo sempre queda por comprar.
Para os proxenitores tamén supón un importante cambio nas rutinas. Hai añoranza dos fillos e fillas, si, pero tamén recoñécese a necesidade evidente da formación e disciplina que reciben nos centros escolares e que axuda á súa formación como persoas, segundo nos contaban papás e mamás esta mañá.
Tamén subliñaron a sacudida que supón para os petos dos fogares estes primeiros meses do ano, con gastos nos libros, material, roupa e chándal, por exemplo.
Na librería Galicia, en Lugo, o seu xerente, Fernando Toubes, tamén nos comenta como proxenitores e educadores reclaman máis a volta ao libro tradicional, en detrimento do libro dixital, querendo "volver ao de sempre".