Cargando resultados...
Perduran os efectos das chuvias torrenciais en Tarragona
Este domingo toca avaliar os danos e limpar os estragos
As riadas deixaron o sábado uns once feridos, inundaron rúas e cámpings en Tarragona e causaron danos en moitos vehículos e terrazas de establecementos
G24.gal
23/08/2026 14:50
Perduran os efectos das chuvias torrenciais do sábado, especialmente en Cataluña.
Tras os trebóns intensos que causaron estragos esta fin de semana, sobre todo na provincia de Tarragona, 24 horas despois toca avaliar os danos e limpar os desarranxos.
As riadas deixaron uns once feridos, inundaron rúas e cámpings en Tarragona e causaron danos en moitos vehículos e terrazas de establecementos.
Os servizos municipais traballan na retirada dos restos, das árbores caídas e sinalizando os paseos marítimos afectados.