Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visita ao corazón loxístico da educación galega

Visita ao corazón loxístico da educación galega

O almacén central da Consellería de Educación acaba de someterse a unha reforma integral

Son máis de 30 anos almacenando todo tipo de mobiliario e trebellos necesarios para a operatividade dos centros educativos

Situado na Estrada, conta con 6.400 metros cadrados de almacenamento
G24.gal 18/08/2026 15:17 Última actualización 18/08/2026 16:27

Todo o equipamento que se necesita para a operatividade dun centro escolar está no interior dunha nave situada no polígono de Toedo, na Estrada. As caixas cheas de mobiliario e todo tipo de trebellos amoréanse unhas por riba doutras nos estantes. Son máis de 6.000 metros cadrados de almacenamento.

"Subministra aos máis de 1.000 centros educativos que temos espallados pola xeografía galega diferentes materiais que se usan no día a día pois de calquer instituto ou de calquera colexio", explica Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP.

 "Aquí en xeral están os items de mobiliario básicos, os ítems que podemos ir almacenando para subministrar cando un centro nos pide necesito tantas mesas, tantas cadeiras, pois un despacho de orientación, unha mesa para o director, estantes, percheiros", apunta Rosa Soñora Luna, subdirectora xeral de Construcións e Equipamentos da Consellería de Educación.

"A verdade é que isto posibilita unha xestión máis eficaz, máis eficiente, racionalizada e facer con grandes compras que despois se distribúe aos centros educativos e gañar en eficacia dende a perspectiva económica e tamén de prestar un bo servizo aos diferentes colexios que temos por Galicia", puntualiza o conselleiro.

Só o ano pasado deste centro loxístico saíron cara aos colexios ao redor de 60.000 pezas. O almacenamento este agosto está en mínimos porque acaban de someterse a unha reforma integral de cubertas e fachadas.

"E metendo algo moi importante, sistemas de seguridade contraincendios que tendo en conta o material que hai aquí pois é tremendamente necesario facelo", conta o conselleiro.

Esta reforma deixou ao descuberto as reliquias que atesoura este almacén que ten máis de 30 anos de historia. Porque canda o mobiliario máis moderno e funcional conviven cadeiras, pupitres e toda unha chea de pezas xa obsoletas dignas dun museo.

"Por exemplo o retrato do rei, quedan mesas de mecanografía, máquinas de escribir e colección de videos de bioloxía, xeoloxía, computadoras antigas e algunha cousa máis por aí", conclúe Francisco Puente, xefe de servizo de Almacén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade