Cargando resultados...
Vigo desactiva a recomendación de non bañarse na praia da Punta
A semana pasada as análises deron resultado positivo en presenza de bacterias
Praia da Punta, Teis. Concello de Vigo.
G24.gal
18/08/2026 15:43
O concello de Vigo desactivou a recomendación de non bañarse na praia da Punta, que levaba desde a semana pasada con esa indicación.
Segundo o consistorio vigués, as últimas analíticas realizadas na praia da Punta deron como resultado que a "auga é excelente".
Con estes datos procedeuse á retirada dos sinais de baño non recomendado.
A semana pasada as análises deron resultado positivo en presenza de bacterias.