Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baiona prohíbe por segunda vez o baño na praia da Ribeira por contaminación microbiolóxica

Baiona prohíbe por segunda vez o baño na praia da Ribeira por contaminación microbiolóxica

É unha medida preventiva para protexer a saúde dos bañistas 

A Ladeira, Concheira e Santa Marta son outras praias de Baiona que tamén rexistraron contaminación este verán 

Praia da Ribeira. Concello de Baiona Praia da Ribeira. Concello de Baiona
G24.gal 16/09/2026 18:43

O Concello de Baiona prohibiu temporalmente o baño, e por segunda vez, na praia da Ribeira despois de que as últimas analíticas, realizadas dentro do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño da Xunta, detectasen un episodio de contaminación microbiolóxica nas súas augas.

A administración local adoptou esta medida preventiva seguindo o protocolo establecido para garantir a protección da saúde pública e manterá prohibido o baño no areal ata que novos controis confirmen que as augas volven cumprir as condicións sanitarias esixidas.

Outros areais xa rexistraron episodios de contaminación

O Concello de Baiona sinalou que continuará informando á cidadanía sobre calquera novidade relacionada coa situación e indicou que estas medidas teñen como obxectivo garantir a seguridade e protexer a saúde das persoas usuarias das praias.

No que vai de verán, Baiona sufriu varios episodios de contaminación microbiolóxica en diferentes praias, como A Ladeira, Concheira, Santa Marta e a propia Ribeira, que co actual repite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade