Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta alerta da presenza reiterada de metais pesados na auga de Beade, en Vigo, e pide medidas ao Concello

A Xunta alerta da presenza reiterada de metais pesados na auga de Beade, en Vigo, e pide medidas ao Concello

Saúde Pública considera que a presenza de chumbo, arsénico e ferro, supón un "risco para a saúde", e reclama a restrición do consumo de auga nesa zona pola contaminación

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 23/10/2026 11:00

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á concesionaria municipal da auga, Aqualia, os resultados das novas mostras recollidas en varios puntos da rede de abastecemento da contorna do IES Beade, en Vigo, nas cales se constatou a presenza de metais pesados (chumbo, arsénico e ferro), o mesmo que ocorreu en reiteradas ocasións.

Nun comunicado, o Goberno galego asegurou que as mostras recollidas por Saúde Pública en catro puntos distintos do exterior do recinto educativo confirman que existe unha alta concentración en acometidas municipais desta zona. Por iso, consideran que esta reiterada situación supón un "risco para a saúde", facendo necesaria a restrición do consumo de auga nesa zona pola contaminación.

"Ante esta situación, a concesionaria deberá realizar unha proposta sobre o consumo de auga na zona nun prazo de 24 horas", apuntou o Executivo autonómico, solicitando, ademais, unha "investigación exhaustiva" que permita identificar a área afectada e tomar as medidas necesarias para solucionar esta situación.

Xa o pasado mes de febreiro o director territorial de Educación, César Pérez, visitou o instituto para comprobar o bo estado das instalacións e circuítos, cuxos tubos son de polietileno, polo que "xa se demostraba que a presenza de chumbo procede das acometidas exteriores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade