Publicador de contidos

Publicador de contidos

Meira defende a súa malla como unha festa de interese para lembrar a historia de Galicia

Meira defende a súa malla como unha festa de interese para lembrar a historia de Galicia

Centos de persoas participan na recreación dun labor que foi esencial para a economía e a sociedade de Galicia

G24.gal 23/08/2026 14:48 Última actualización 23/08/2026 15:14

Hai xa 34 anos que Meira recrea a malla tradicional, o labor polo que se obtiña o cereal en Galicia ata hai uns lustros.

Aquí respetan a tradición, formando os medeiros nas leiras, facendo a meda, desgranando o cereal e, despois, limpando o grao.

Un labor arduo no que colaboraba toda a veciñanza das aldeas, hoxe nunha casa e mañá noutra, contando sempre con todos os membros das familias, dende os máis pequenos ata os máis vellos, xa que todas as mans eran necesarias.

As máis das persoas coas que falamos lembran ter participado na sega e na malla ata hai uns anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade