Publicador de contidos

Publicador de contidos

A recreación da malla de Lalín é unha fotografía da historia galega

A recreación da malla de Lalín é unha fotografía da historia galega

Centos de persoas participan nunha festa na que se enxalzou un labor necesario para a obtención do cereal durante séculos

G24.gal 22/08/2026 19:45

Dende as once da mañá deste sábado a malla centrou a actividade en Lalín, cunha recreación en Doade dun labor que leva séculos facéndose en Galicia como un paso previo e necesario á obtención do cereal.

Nesta XXVII edición da festa reproduciuse o carrexo dos mollos nun carro de bois, a malla á pedra, cos males... E tamén a malladoira manual, e a malla con motor e tractor.

Moitos asistentes lembraban a época na que as mallas eran propias de cada verán, un traballo no que colaboraba toda a veciñanaza e que se facía en cada casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade