Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata sen éxito a busca da muller desaparecida en Avión tras sete días de rastrexo

Remata sen éxito a busca da muller desaparecida en Avión tras sete días de rastrexo

Manuela Conde, que desapareceu o 16 de novembro en Rubillón, ten 73 anos e sofre alzhéimer

En Lalín seguen á procura de Clotilde Teixeira, de 53 anos, a quen se lle perdeu a pista o día 17

G24.gal 23/11/2025 14:36 Última actualización 23/11/2025 21:45

Despois dunha semana de busca intensa, segue sen haber rastro da muller de 73 anos, veciña de Piñor de Cea, que desapareceu o pasado 16 de novembro no concello de Avión.

Os efectivos que participan na busca rastrexaron este domingo as parroquias de Baíste e Penedo, situadas a uns 3 quilometros de Rubillón, o lugar no que foi vista por última vez o domingo pasado.  

A muller, que sofre alzhéimer, estaba de visita coa súa familia nunha segunda vivenda que teñen na zona. Corenta persoas, entre efectivos da Garda Civil, do Grupo de Emerxencias de Avión e voluntarios, participaron nos labores de rastrexo.

Din que é unha zona complicada, con moito monte e con camiños aos que é difícil acceder. Segundo confirmou o Grupo de Emerxencias do concello de Avión, a busca oficial da desaparecida dáse por finalizada, despois de sete días sen indicios do seu paradoiro.

Buscan outra muller en Lalín

En Lalín, seguen coa busca da muller de 53 anos que desapareceu o luns pasado e que continúa sen dar resultado. Foi vista por última vez camiñando pola estrada nacional 525 á altura da parroquia de Filgueira.

Despois de que rastrexaran todos os lugares polos que adoitaba camiñar, a busca foise ampliando a toda a periferia do concello. Polo momento, segundo informou na mañá do domingo a Garda Civil, non hai ningunha outra pista que permita acoutar o rastrexo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade