Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mañá accidentada nas estradas, con múltiples saídas de vía

Mañá accidentada nas estradas, con múltiples saídas de vía

O sinistro máis grave foi unha colisión múltiple en Tomiño entre dúas furgonetas e un turismo

Recomendan reducir a velocidade porque o asfalto está esvaradío con esta chuvia miúda

G24.gal 04/08/2026 14:19 Última actualización 04/08/2026 15:03

Colisión entre dúas furgonetas e un turismo, que quedou atravesado na estrada e foi quen levou a peor parte.

"Cando chegamos o condutor estaba atrapado dentro do coche e os traballos centráronse na liberación do ferido", explica Daniel Bar, cabo dos Bombeiros do Porriño.

Liberación complicada e moitos restos ciscados pola estrada, o que obrigou a pechar ambos carrís durante un bo tempo. Xa amencera e o firme estaba seco, polo que todo apunta a un posible descoido dalgún dos condutores. 

Pero era o arranque dunha mañá en que os servizos de emerxencia andaron de cabeza... á conta de que?

"Despois de moito tempo sen chover, as primeiras chuvias son perigosas. O firme desprende unhas partículas que son deslizantes e moitas veces esa é a causa do accidente", advirte o cabo Florentino Mourelle, da Garda civil de Tráfico de Santiago.

É posiblemente o que pasou neste accidente en Santiago. O coche saíu da estrada despois dunha curva e acabou coas rodas para riba. De pouco lle valeu a tracción ás catro rodas
Por sorte, foi máis aparatoso ca grave. De feito, a condutora, que viaxaba soa, foi trasladada só por precaución. 

O goteo de sinistros na contorna de Santiago foi constante.

"Cando chove despois de moito tempo, sobre todo con temperaturas altas, debemos extremar as precaucións e reducir a velocidade por debaixo da permitida", engade o cabo Mourelle.

As patrullas de Tráfico non deron abasto. Estando nesta, saltou o aviso desta outra saída de vía non moi lonxe, en Urdilde. Unha parella de turistas franceses saíron fóra ao querer esquivar a outro coche que ía a gran velocidade. O asfalto mollado non axudou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade