Cargando resultados...
Feridas dúas persoas nun atropelo na avenida coruñesa de Alfonso Molina
O accidente provocou retencións de algo máis dun quilómetro na entrada da cidade
G24.gal
03/08/2026 19:54
Última actualización 03/08/2026 20:33
Dúas persoas resultaron feridas despois de ser atropeladas por un vehículo na avenida Alfonso Molina da Coruña, na zona da antiga Fábrica de Armas. Segundo fontes do 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das 19.00 horas deste luns.
Foi un particular quen deu aviso a esa hora de que se rexistrara un atropelo nesta zona, en sentido entrada da cidade.
Ata o lugar desprazáronse profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Como consecuencia deste accidente, Tráfico notificou retencións de algo máis dun quilómetro na entrada da cidade herculina.