Cargando resultados...
Morre un mozo tras ser atropelado cando circulaba por Betanzos en bicicleta
O mozo faleceu horas despois do atropelo, ao non poder recuperarse das graves feridas sufridas
G24.gal
31/07/2026 12:27
O mozo faleceu durante a noite deste venres debido á gravidade das lesións que presentaba. Fora atropelado na mañá do xoves por un vehículo mentres circulaba en bicicleta polo polígono de Piadela, na localidade coruñesa de Betanzos.
O accidente produciuse pouco antes das 10:30 horas. Os servizos de emerxencias confirmaron a gravidade da situación e o menor foi evacuado en estado grave polos profesionais sanitarios. Finalmente faleceu horas despois.