Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os taxis non dan feito nos concellos turísticos durante o verán

Os taxis non dan feito nos concellos turísticos durante o verán

Os taxistas traballan estes meses ao límite para atender turistas e veciños

Nas vilas turísticas multiplícanse os habitantes e tamén a demanda de moitos servizos como o do taxi

G24.gal 31/07/2026 14:08

O teléfono non deixa de soar na parada de taxis de Baiona. Durante o verán os taxistas encadean un servizo con outro sen apenas descanso. 

Os turistas botan man do taxi para desprazarse e coñecer outras zonas da provincia. 

Teresa e Carmen viven en Nigrán e son usuarias do taxi durante todo o ano. Din que nos meses de verán conseguir un libre require máis paciencia.

Se de día o ritmo é intenso, pola noite tamén, sobre todo nas fins de semana

O ocio nocturno enche as rúas de Baiona e Nigrán, e cando pechan os bares e discotecas os taxistas non dan feito.

As trece licenzas de Baiona e as 24 de Nigrán quedan curtas para facer fronte ao aumento da demanda. 

Como sucede con outros servizos das zonas turísticas, o taxi vive agora as súas semanas de maior intensidade sen case respiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade