Publicador de contidos

Publicador de contidos

Autobuses gratuítos durante unha semana en Ourense

Autobuses gratuítos durante unha semana en Ourense

Viaxar en autobús por Ourense será de balde ata o martes da semana que vén

É unha das iniciativas coas que arrinca a Semana Europea da Mobilidade, que leva aos concellos galegos propostas para fomentar desprazamentos en transporte público

 

G24.gal 16/09/2026 13:52

Os usuarios dos autobuses urbanos de Ourense recibiron unha boa nova á hora de pasar por caixa.

"Creo que hoxe é gratis. Si, pasei a tarxeta e era gratis". "Sorprendeume. Estame dicindo unha señora que é toda a semana". "Había ser sempre así", comentan varias usuarias.

Esta campaña municipal enmárcase na Semana da Mobilidade, unha iniciativa europea para concienciar os cidadáns e tamén os responsables políticos da importancia de reducir as emisións nas cidades, por saúde pública.

"Para mover menos o coche, reducir a contaminación". "Mellor ir en bus, porque cada vez hai menos aparcamento". "E a gasolina está moi cara", sinalan as usuarias.

A gratuidade empeza hoxe, no primeiro día da Semana Europea da Mobilidade e prolongarase durante toda a semana, ata o martes día 22.

Outras iniciativas

Noutras cidades galegas, hai campañas para promover o uso da bici e os desprazamentos a pé, e en Lugo os autobuses serán tamén gratuitos, pero só o 22, Día Europeo sen coches.

"Para que a xente non use tanto o coche e se anime a vir ao transporte público", sinala un mozo.

Medidas que, como as zonas de Baixas Emisións, van encamiñadas a reducir a contaminación nas cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade