Cargando resultados...
A Garda Civil auxilia un gato coa cabeza atrapada nunha botella de plástico en Portomarín
Os axentes procederon a inmobilizar o felino e retiraron a botella de forma segura
G24.gal
16/09/2026 14:43
A Garda Civil do municipio lucense de Portomarín auxiliou un gato que tiña a cabeza atrapada no interior dunha botella de plástico.
Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos producíronse á primeira hora deste mércores cando os axentes, durante un servizo, observaron o animal intentando liberarse polos seus propios medios, presentado dificultades para respirar e evidentes signos de temor e desorientación.
Ante isto, os axentes procederon a inmobilizar o felino e retiraron a botella de forma segura.