Éxito dos talleres para aprender a facer pan na casa
Mónica Prego, divulgadora e creadora do blog Pan de Broa, enche os seus talleres de masas desde hai 4 anos na Coruña
Aumentan os interesados na preparación de masas sen glute
Facer un pan básico na casa é tan doado como mesturar fariña, auga, sal e lévedo ou masa nai.
Asegúrao Mónica Prego, do blog Pan de Broa, especializada desde hai 4 anos en talleres de masas, con e sen glute.
Repouso, amasar, máis amasar e máis repouso. En hora e media, masa preparada para darlle forma e conseguir un pan caseiro de 600 gramos co 65 % de hidratación. Tras máis repouso, ao forno.
O seu terceiro libro, Galicia sen glute, ten receitas galegas tradicionais adaptadas para que ninguén quede sen comer. Os talleres sempre se enchen, uns van por entretemento, a maioría, cada vez máis, por saúde. E moitos como Margarida, repiten ata 8 veces.
Para Mónica, o importante para ter éxito é insistir aínda que non saia á primeira, ser autodidacta e aprender da panadería tradicional galega.
E só queda gozar do pan feito na casa coas nosas mans, sen químicos engadidos, coa conciencia e o bandullo ben tranquilos.