Publicador de contidos

Publicador de contidos

32 concellos en situación de alerta pola seca á espera das choivas desta semana

32 concellos en situación de alerta pola seca á espera das choivas desta semana

A falta de caudal é procupante no Lérez e no Anllóns

Desde hai semanas os concellos xa tomaron medidas de aforro de auga nos servizos municipais

G24.gal 23/08/2026 14:35 Última actualización 23/08/2026 14:55

Coa previsión dunha semana de chuvia, a Xunta vai analizar nos próximos días se esta auga permite "estabilizar ou mellorar" a situación de seca que sofren moitos concellos. A oficina técnica da seca de Augas de Galicia determinou o día 11 que son 91 os concellos afectados por restricións de auga, 32 deles en situación de alerta. A falta de caudal é preocupante no Lérez ou no Anllóns ao seu paso por Carballo.

"Nótoo día a día. Hai sitios onde incluso podes atravesar o río descalzo. Aos parrulos de feito xa non os ves nadar, velos por fóra"

Ademais do Anllóns, Carballo dispón de captación de auga noutro río, o Bardoso para poder abastecer a veciñanza. Pero desde o concello advirten que é imprescindible extremar o aforro porque farían falta semanas de chuvia ata que se recupere o caudal. Por iso están cancelados os baldeos, as regas de xardíns municipais e hai restricións nos servizos das praias. 

"Xa hai semanas que tomaron medidas. Nas da praia primeiro cortaron algunhas, houbo días que tiñan a presión moi baixiña para gastar menos auga. É un problema de conciencia. Se todos aplicamos un pouco de restrición na casa á hora de abrir a billa non deberiamos ter problemas."

O concello xa estuda novos sistemas de captación de augas subterráneas ante unha seca que vai en aumento cada verán e un consumo que tamén sobe nestas datas, fundamentalmente na zona costeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade