Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pastelarías xa comezaron elaborar ósos de santo e bolos de vento para o Día de Defuntos

As pastelarías xa comezaron elaborar ósos de santo e bolos de vento para o Día de Defuntos

Os doces propios destas datas atraen aos máis larpeiros ás confeiterías

G24.gal 25/10/2026 11:41

Nestas datas as confiterias comezan a preparar doces para degustar coas festas próximas.

O pasteleiro lucense Miguel Martín explica os tipos de doces que elabora no seu obradoiro nestas datas.

"Temos os ósos de santo tradicionais de cabelo de anxo que son os que máis gustan en Galicia, e os ósos brancos. Os de xema son os que máis saída teñen, ademais doutros sabores que hai: de chocolate, de trufa, de moca, de pistacho e para todo o mundo a quen lle gusten os boliños de vento. Estes son os que máis gustan: de nata, de trufa e de crema".

Feitas as presentacións, o difícil é escoller cal é o doce que máis gusta. Comentan algunhas persoas que lles gustan os ósos se santo, que os comía de cativo e outro lembra os bolos de vento que tamén se fan nesta época. 

Feitos con poucos ingredientes, o complicado é a elaboración destes doces.

 "O óso de santo máis común leva améndoa, azucre, moito cariño e moito traballo porque hai que facelos de un en un", incide Miguel Martín.

Unha variedade de doces que por tradición se fan para degustar coincidindo coa celebración do Día de Defuntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos