Cargando resultados...
Doces tradicións de Pascua
En certas zonas de Galicia como o Salnés ou Ferrolterra, as panaderías lograron conservar un antigo costume familiar: o bolo de ovos
G24.gal
21/03/2026 15:30
En chegando a Semana Santa, as pastelerías van tendo preparados os agasallos doces dos padriños e madriñas máis tradicionais. Fóra de chocolates e roscas, en certas zonas de Galicia como o Salnés ou Ferrolterra, as panaderías lograron conservar un antigo costume familiar: o bolo de ovos, un pan suavemente doce con sabor a manteiga cos ovos enteiros, cáscara e todo, por riba.