Publicador de contidos

Publicador de contidos

Están os fornos a punto para os roscóns de Reis

Están os fornos a punto para os roscóns de Reis

Os obradoiros pasteleiros traballan arreo estes días para que os roscóns estean en todas as mesas

A maioría xa están encargados desde hai semanas

G24.gal 03/01/2026 16:33 Última actualización 03/01/2026 17:11

Esta fin de semana o traballo dos pasteleiros só é comparable ao dos propios Reis preparando nos regalos. Neste obradoiro non hai pausa porque a elaboración deste doce require de varias mans para que poidan saír por milleiros.

"É un proceso que necesita tempo. Son masas, fermentados, forno...  É moito volume en moi pouco tempo, entón hai que fiar moi fino. Hai que intentar que os tempos de fermetado sexan correctos", explica Pablo Morales, pasteleiro de Habarizo.

"Non é como no Nadal, que a xente se non ten 'panetone' compra pasteis. Nesta época a xente que compra o roscón, quere roscón.", di Ana Morales, que supervisa todos os produtos.

Os clientes valoran o produto artesán e poder facer as encargas coa garantía de frescura e calidade.

"Eu creo que o sabor e a textura do noso roscón é o que gusta. É moi aireado, moi suculento. E sabe a azahar e cítrico.", asegura o pasteleiro.

"Intentamos empregar as mellores materias primas, de orixe propia, con auga de azahar de Sevilla, ovos galegos, limón de Carral. E a frescura. Nós non conxelamos. Pechamos as encargas a finais de decembro para organizarnos e saber a onde podemos chegar", di Ana Morales.

Este Nadal no obradoiro comezaron tamén coas vendas en liña e o envío nacional porque a demanda é cada vez maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade