A seca agrava o problema do abastecemento de auga en varios núcleos rurais
Na aldea de Coaxe, en Catoira, levan dous meses sen auga
Os veciños da urbanización do Monte Xalo botan man de garrafas e bidóns para cubrir as necesidades básicas
A lagoa que abastece a urbanización privada do Castelo, no Monte Xalo, leva catro meses seca. Ademais, a finais de agosto, os concellos de Carral e Cerceda deixaron de enviarlles os camións cisterna. Os pozos particulares e o manancial comunitario non abondan para cubrir a demanda, e os arredor de dous mil cincocentos residentes teñen que apañarse mercando garrafas e bidóns.
"Aquí está aumentando a poboación. Se somos máis a consumir, menos imos ter", di un veciño.
"Teño que vir todos os días a coller auga para a ducha e para cociñar e fregar a loza", quéixase outro dos afectados.
"Xente coma min, que temos un pozo, estams dándolles auga aos nosos veciños. Estamos así, axudándonos", explica Julio Manivesa, vicepresidente da comunidade de propietarios da urbanización.
En Coaxe, no concello de Catoira, a falta de chuvias tamén está a deixar sen auga varias vivendas que dependen de pozos e traídas particulares.
"Levamos case dous meses sen auga e este ano quedamos sen ela, o ano pasado tamén. Aínda se tivesemos a pública, pero non a temps tampouco
O Concello puxo en marcha un dispositivo de emerxencia co camión municipal de bombeiros, que leva auga ás vivendas afectadas para que as familias poidan cubrir as necesidades básicas. Ademais, o goberno local estudará posibles melloras na rede de abastecemento para levar auga a estas zonas.