Máis de 4.000 atletas participan na 47º edición da Carreira Pedestre de Santiago
A carreira, organizada polo xornal O Correo Galego, celebrouse por primeira vez en 1978
Máis de 250 mil persoas levan paticipado na proba nas súas 47 edicións
Máis de 4.000 atletas prepáranse na liña de saída minutos antes de que comece a carreira.
"Xa non quentamos máis porque se non gañamos", di un participante
Entre os participantes, atopamos a Ricardo, todo un veterano da proba, na que participou na súa primeira edición en 1978.
"Debía ter 13 ou 14 anos. Agora facemos as contas e xa sabemos a idade que temos"
A pedestre de Santiago é unha das grandes citas no calendario de carreiras populares en Galicia. Nas súas 47 edicións, máis 250 mil persoas levan participado na proba
"Das de Galicia é unha das tres carreiras que calquera corredor debe correr: esta, a do San Martiño de Ourense e a Vig-Bay de Vigo", di un participante.
"Desta carreira gústame todo, pero o que máis é atravesar as rúas da zona vella", di unha corredora.
Por diante, 12 quilómetros, un percorrido que ten a súa parte mais dura na costa de Vite.
"Para min e para todos os corredores o máis duro é Vite, é unha costa un pouco dura"
"Tes que ir dosificando un pouquiño. O que fai un medio maratón non se para a pensar nesas cousas, nós si"
Cada quen ao seu ritmo, atletas de elite e afeccionados comparten a mesma satisfacción de atravesar a meta na praza do Obradoiro.