Cargando resultados...
Sobremesas de Nadal máis alá do turrón
Amendoados, tortas, bicas ou creacións en chocolate son algunhas das alternativas para adozar estas festas fóra dos produtos clásicos
G24.gal
15/12/2025 21:03
O Nadal é sinónimo de turrón, mazapán ou polvoróns, pero fronte os doces típicos destas datas cada vez son máis os que optan por outros produtos para as longas sobremesas. Atopamos dende os doces tradicionais como os amendoados e Torta Real de Allariz ou as bica de Laza e Trives ata creacións máis orixinais como unha empanada de mazá ou esculturas de chocolate.
Alternativas, tanto para agasallar como para desgustar durante estas festas, feitas de xeito artesanal con produtos naturais.