Morre o piloto Jesús López tras un accidente na Subida de Taboadela
O seu coche levou un golpe moi forte e comezou a arder de inmediato, logo de bater contra o muro dunha vivenda
Dous espectadores quedaron feridos
Tras o sinistro, a Federación Galega de Automobilismo suspendeu a proba
O piloto Jesús López morreu este domingo tras un grave accidente acontecido na Subida de Taboadela. Sucedeu ás 12:00 horas deste mediodía.
Durante a proba, o piloto ourensán perdeu o control do seu vehículo, foise da vía e bateu fortemente contra o noiro dunha casa. Tras o golpe o coche ardeu e quedou completamente calcinado.
Perante o suceso dous espectadores quedaron feridos. A organización dispoñía de ambulancias e persoal sanitario no evento e foron trasladados ao hospital de Ourense.
O 061 Galicia enviou ao lugar un vehículo sanitario co seu equipo médico para atender a muller e a afillada do falecido.
EFE/Alan Pérez
Ata o lugar desprazáronse ademais efectivos de Bombeiros de San Cibrao das Viñas, GES do Pereiro de Aguiar, persoal sanitario e axentes da Garda Civil.
Non se puido facer nada por salvarlle a vida. Jesús López faleceu no acto. O ourensán era un dos pilotos máis coñecidos e queridos do motor galego.
A Federación Galega de Automobilismo suspendeu a proba.
O rally de Ourense, pola súa banda, emitiu un comunicado no que lamenta a perda dun dos "nomes propios do automobilismo ourensán", ao que considera un "piloto incansable" que competeu en case todas as disciplinas do motor.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa falecida e dúas feridas en Taboadela
— 112 Galicia (@112Galicia) August 23, 2026
📍 Subida a Taboadela
➡️ Tratouse dunha saída de vía dun coche que participaba nunha proba deportiva.
➡️ O coche resultou totalmente calcinado
🔗 https://t.co/TSTMOG3ZoL pic.twitter.com/YK0mcDwZwB