Chegan as chuvias na segunda semana de vendima e iso preocupa os viticultores
Na Ribeira Sacra colleitáronse máis de catro millóns e medio de quilos de uva o ano pasado
Os técnicos consideran a chuvia necesaria en agosto, sempre que sexa maina e dure poucos días, aseguran os técnicos
Vendima na Ribeira Sacra este sábado
As chuvias chegan algo tarde este ano para os viticultores. Os técnicos considérana necesaria en agosto, sempre que sexa maina e dure poucos días. Pero é que este verán de tanta calor fixo que se adiantara a vendima. E as previsións metereolóxicas apuntan a que a auga vai chegar xa na segunda semana de colleita, na Ribeira Sacra, e nesta denominación xa estarán na segunda semana de vendima.
A Televisión de Galicia viaxou este sábado ata unha parcela do Saviñao; a un deses viñedos que se poden apadriñar para elaborar viño, coa axuda dun grupo de técnicos, e participar no mantemento destas viñas. Alí, Alejandro Fernández, técnico da empresa Enonatur, explica as particularidades desta colleita.
"A calor excesiva ás veces provoca bloqueos na planta por estrés hídrico e a maduración non é como a queremos en canto á acidez. Por supervivencia, a planta frea o traballo porque se deshidrata".
Os viticultures agardan que a chuvia sea mansa e de poucos días
Con este verán tan cálido e seco, Alejandro considera que a chuvia é moi necesaria, sobre todo para o futuro das plantas. A única preocupación é se dura moito tempo e as temperaturas baixan moito.
"Se vai moita calor de día e moito frío de noite, a uva abranda e deteriórase máis rápido. A influencia da chuvia agora mesmo non é mala, mellora a acidez. Pero se veñen moitos días de chuvia é probable que cause enfermidades como a botrite e que a uva se empece a deteriorar".
Na Ribeira Sacra colleitáronse máis de catro millóns e medio de quilos de uva o ano pasado. Se se cumpren as previsións, este ano recollerán máis de cinco millóns de quilos.
Este verán caluroso fixo que a uva madurase moito antes na Ribeira Sacra