A Xunta busca unha "solución" para aplicar deducións ao material escolar pagado en efectivo
Rueda lembrou que a lei esixe aboar con medios electrónicos para acollerse a estas bonificacións, pero asegurou neste caso farán unha excepción
A deducción aprobada é do 15 % na cota autonómica do IRPF para 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou este luns que o Goberno galego está "traballando nunha solución" para que as familias que pagaron en efectivo o material escolar poidan beneficiarse da deducción no IRPF. Lembrou que a lei esixe aboar con medios electrónicos para acollerse a estas bonificacións, pero asegurou neste caso farán unha excepción.
A Xunta aprobou unha dedución do 15 % na cota autonómica do IRPF para 2026, con carácter retroactivo para incluír os gastos da volta ao cole ata un máximo de 105 euros por fillo matriculado. As personas beneficiarias deberán tener unha renda per cápita da unidade familiar de ata 30.000 euros.
Alfonso Rueda explica que puido haber algún tipo de erro na comunicación polo que algunhas familias non souberon do requisito do pagamento en efectivo.
"Hai que poñerse na pel desas familias", dixo o presidente, que agarda comunicar a solución o antes posible.
O Consello da Xunta tamén aprobou este luns iniciar os trámites da nova lei de aprendizaxe permanente de persoas adultas, que busca adaptar a formación aos cambios sociais, tecnolóxicos, adadémicos e laborais.
Dado que maioría da poboación conta na actualidade coa formación básica a norma porá o foco na cualificación dos migrantes e nas persoas con traballo, pero que queren adaptarse ás novas demandas do mercado laboral.