Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno identificou 2.500 menores en Ceuta e Feijóo propón un confinamento sanitario

O Goberno identificou 2.500 menores en Ceuta e Feijóo propón un confinamento sanitario

Sete ministros do executivo comparecerán no Congreso desde o martes para explicar esta crise

O líder do Partido Popular alude a posibles contaxios de sarna, tuberculose e gastroenterite
 

G24.gal 23/08/2026 14:20

O Ministerio do Interior ten identificados uns 2.500 menores de idade en Ceuta que entraron de forma irregular e a semana vindeira tentará negociar coas comunidades autónomas a súa recolocación. Así o recoñece hoxe nunha entrevista en El Pais a ministra de Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz.

Con esta crise de fondo, o Goberno dará explicacións a través das comparecencias de sete ministros no Congreso ata o 31 deste mes. A primeira en acudir á cámara sera a tituar de Defensa, Margarita Robles, a máis contundente na defensa da españolidade de Ceuta e Melilla. Ademais, o PP forzará unha votación para que compareza Pedro Sánchez nun pleno extraordinario.

Outra vertente é o problema sanitario. Os colexios de médicos e de enfermería alertaron do risco de contaxios. Cos presidentes das dúas institucións entrevistouse Feijóo e fai unha proposta:

"Eu formulo que o Goberno estude moi ben a posibilidade de decretar o confinamento por razóns de saúde pública".

Os riscos aos que aluden Feijóo e os representantes sanitarios son o posible contaxio de tuberculose e sarna. Por certo, Sanidade convocou de urxencia as comunidades autónomas para unha xuntanza este luns co fin de enviar vacinas a Ceuta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade