O universo visual do Bosco e Bruegel, exposto na Coruña en 85 gravados
Pódese contemplar a mostra 'Unha viaxe a mundos fantásticos' ata o 24 de xaneiro na Fundación Barrié
Impón ler estes dous nomes na Coruña. Pero, antes de nos adentrar no seu impoñente universo visual, ímonos referir a outros dous nomes.
"A un matrimonio de editores, afincado en Amberes no século XVI, que se chamaban Hieronymus Cock e Volcxken Diericx", sinala a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias
Abriron a súa casa editorial no ano 1548 e, simplemente, revolucionaron o mercado da arte.
"Transformaron un oficio medieval nunha empresa de produción de imaxes a grande escala"
Vemos os editores nun gravado na súa tenda, á que non en van chamaron 'Aos catro ventos'.
"Estamos falando de que só esta casa editorial puido chegar a producir 1.600.000 estamps ano século XVI", apunta Carmen Arias
E 85 gravados inspirados no Bosco e creados por Bruegel e o seus contemporáneos podemos contemplar en 'Unha viaxe a mundos fantásticos'.
Explican dende a Barrié que retratan as contradicións da natureza humana. Hai pingas de humor, xogos de enxeño, moito simbolismo. Céntranse os gravados no absurdo do comportamento, e na xente corrente, o que tamén abría o público.
"De Amberes ao resto de Europa", subliña Arias
Na obra gráfica destas estrelas de hai 500 anos vemos unha maneira de contar que co tempo ía influenciar os surrealistas.
Pódese perder un en cada gravado, á caza dos mil detalles que seguen contando historias que saltan séculos con frescura.