Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mostra da viaxe pola Terra Media continuará aberta no Marcos Valcárcel de Ourense ata 1 de novembro

A mostra da viaxe pola Terra Media continuará aberta no Marcos Valcárcel de Ourense ata 1 de novembro

A maxia da historia de 'O señor dos aneis' segue viva e atraendo público de todas as idades

Máis de 4.000 persoas visitaron a exposición que se inaugurou dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense e o seu éxito fixo que continuase

A exposición amosa figuras dos personaxes frincipais como Frogo ou Gollum
G24.gal 21/10/2026 08:16

Máis de 4.000 persoas xa visitaron en Ourense a mostra "Terra do anel: unha viaxe entre reinos", unha exposición con pezas únicas das personaxes da saga de O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien que se pode ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 1 de novembro. 

Alba é a encargada de guiar a viaxe pola universo creado polo escritor británico, un percorrido desde a Terra Media: desde a comarca dos hobbits ata os reinos dos ananos ou os elfos. 

A exposición "Terra do anel: unha viaxe entre reinos" segue a espertar o interese e a imaxinación desde os 0 ata os 100 anos polo menos. Unha historia que pasa de xeración en xeración.

Un anel para gobernalos a todos, máis de catro mil visitantes e unha mesma fascinación que os une. 

Na mostra hai pezas a tamaño real: Gandalf, os ananos, Frodo e Gollum comparten espazo con esculturas, figuras e reproducións de armas de todos os reinos. O magnetismo do anel máis coñecido segue vivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade