Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha exposición disecciona o alcance artístico, filosófico e científico do corpo humano na historia

Unha exposición disecciona o alcance artístico, filosófico e científico do corpo humano na historia

Pretende analizar o cambio que a representación do corpo sufriu ao longo dos séculos dende a Antigüidade

Os conflitos entre ciencia e pensamento non se resolveron ata o século XVI cos primeiros tratados anatómicos

A exposición pode visitarse ata finais deste mes na Facultade de Filosofía en Santiago de Compostela

G24.gal 20/06/2026 21:24

O pensamento antigo concibía o corpo como unha expresión da perfección divina mediatizada pola interpretación relixiosa da época. Cos avances científicos esa interpretación foi mudando e adaptándose aos novos coñecementos, tanto na expresión artística mesmo aos estudos arquitectónicos.

Ese percorrido conceptual e tanxible é o que propón a exposición "O corpo humano, entre a Antiguidade e o Barroco" que se pode visitar na facultade de filosofía en Santiago de Compostela.

"Tratamos de reflectir as ideas filosóficas, teolóxicas e científicas sobre o corpo humano dende o inicio da Antigüidade, vendo sobre todo como cambia esa perspectiva ao longo do tempo", expón Xavier de Donato, decano da Facultade de Filosofía da USC e comisario da mostra.

A exposición incorpora un exemplar do estudo anatómico de Vesalio, que revolucionou á medicina ao presentar no século XVI un tratado ilustrado con diseccións sobre corpos humanos e non sobre animais, que era o tradicional.

"É un dos primeiros libros de anatomía que revolucionaron o coñecemento humano a partir do coñecemento empírico e observacional dos detalles do corpo que si fixo posible a través da disección de cadáveres", apunta Xavier de Donato.

O tratado de Vesalio superou o tabú de diseccionar corpos e xunto coa achega heliocéntrica de Copernico permitiu avanzar dese xeito o coñecemento experimental.

"A partir de aí, combinando coas ideas humanísticas e da revolución científica que nace na época, séculos XV a XVI, o coñecemento do corpo pasa a ser un coñecemento científico", indica o comisario da mostra.

A exposición, que parte dun libro homónimo, abrangue a evolución iconográfica do papel da muller nesta concepción do corpo e o cambio da súa visión occidental e masculina na representación artística ao longo da historia. Unha viaxe que poderá visitarse ata finais deste mes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade