Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prospera a moción de censura en Rairiz de Veiga e Camilo Fernández, exedil do PP, é o novo alcalde

Prospera a moción de censura en Rairiz de Veiga e Camilo Fernández, exedil do PP, é o novo alcalde

A sesión celebrouse entre protestas veciñais en apoio á exrexedora socialista, Asunción Morgade 

Votación no pleno da moción de censura en Rairiz de Veiga. TVG Votación no pleno da moción de censura en Rairiz de Veiga. TVG
G24.gal 04/11/2026 18:34

O concello ourensán de Rairiz de Veiga ten novo alcalde, logo de saír adiante a moción de censura presentada por toda a oposición. 

Camilo Fernández, exconcelleiro do Partido Popular, asumiu o bastón de mando co apoio doutro exedil popular, de dous exconcelleiros do BNG e doutro edil non adscrito que abandonara o Partido Socialista. 

O novo rexedor asegura que era necesario un cambio de rumbo no Concello.

A xa exalcaldesa do Partido Socialista, Asunción Morgade, atribuiu a moción de censura a intereses persoais e anunciou que presentará recurso porque dous edís socialistas non foron notificados da convocatoria do pleno.

A sesión celebrouse entre protestas veciñais en apoio á exrexedora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar