Publicador de contidos

Publicador de contidos

A novidade da XVIII Galiexpo Motor Show, un taller con arranxos en tempo real feitos por alumnos de FP

A novidade da XVIII Galiexpo Motor Show, un taller con arranxos en tempo real feitos por alumnos de FP

Os dous pases do espectáculo do "Drift", coches derrapando e xirando sobre si mesmos pilotados pola elite nacional e internacional da disciplina, volveron encher como onte o pabillón tres do IFEVI 

Este ano Galiexpo estreou un taller de 300 metros cadrados con reparación de vehículos en directo promovido polo colexio Lar onde os traballadores foron uns cincuenta estudantes de FP.

G24.gal 26/04/2026 21:40

Remata en Vigo, logo de tres días, o Galiexpo Motor Show, un evento que con dezaoito edicións está xa consolidado internacionalmente. Este domingo os ruxidos dos motores e das derrapaxes inundaron o IFEVI. O éxito desta exhibición radica, cónntanos os afeccionados, no contaxio ás bancadas da adrenalina que senten os condutores.

Ademáis da propia feira con cincuenta expositores adicados á automoción e con duascentas marcas líderes que presentan aquí os seus produtos, ademáis dos simuladores de condución que están abarrotados a calquera hora do día, ademáis este ano Galiexpo estreou un taller de 300 metros cadrados con reparación de vehículos en directo promovido polo colexio Lar. Os traballadores son os estudantes de FP.

A modalidade do Drift veu de Xapón e ten uns corenta anos. Cada piloto e o seu equipo crean coches exclusivos, adestran onde poden e amosan as súas piruetas sobre catro rodas en espectáculos de media hora. Un dos obxectivos é conectar co público.

"Como facemos varios pases ao día ti vas vendo o que lle gusta ao público. Xa ves no primiro pase cando vas facendo cousiñas que o público se levanta, berra, e vas tirando un pouco por aí para ter esa conexión", conta a TVG o piloto catalán Carlos Mariño.

"O apoio do público é a gasolina que no meu caso me fai seguir empurrando, evolucionando, facer o mellor espectáculo. Realmente si que se sente moi pertiño. Ese calor que da a xente, ese apoio"  engade o piloto galego Martín Nos. 

Baixo a supervisión dos seu mestres os estudantes dos Centros Integrados de Fp da Xunqueira e Valentín Paz Andrade e do colexio Lar repararon coches, tamén híbridos e eléctricos, á vista do público do evento, un escaparate para a formación profesional, que no eido da mecánica ten unha empregabilidade moi alta porque faltan profesionais cualificados.

"Están aquí traballando connosco sen cobrar nada. E formándose e ensinando o que eles saben facer realmente. É un escaparate moi bo para que a xente vexa o que fan", recalca  Pablo Vilapardo. Profesor do CIFP da Xunqueira.

"É un gran momento para acadar traballo  o sector. Principalmente, quero aclaralo, que é moi importante a formación en vehículos híbridos e eléctricos. A o fin e ao cabo ven sendo un futuro moi próximo", explica a TVG Samuel Alonso, un estudante de electromecánica de FP.

"Entón Galiexpo o que está a buscar é esa sinerxia de buscar alumnado cos seus docentes nun taller móbil en directo. Veñen moitas persoas, xente nova que pode ver que ten un futuro profesional maravilloso no sector do automóbil", conclúe o director de Galiexpo Motor Show, Joaquín Portabales.

Galiexpo marcouse tres obxectivos nesta edicón, consolidar os patrocinadores nternacionais, superar os vintecinco mil visitantes e atraer a un público máis novo. E iso notouse dentro e fora do IFEVI.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade