Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quen non tivo un Seat na súa vida?

Quen non tivo un Seat na súa vida?

A marca naceu nos anos 50 en Barcelona e pronto chegou a moitos fogares de todo o país

 

G24.gal 04/09/2026 14:31

Panda, 124, 127, Ibiza, Toledo, León e moitos máis. Non é, seguramente, o coche da nosa vida pero é raro que algún de nós non tivese algún Seat na súa vida. 

A marca naceu nos anos 50 en Barcelona. O seu primeiro modelo foi o 400, que dende Martorell foi chegando a moitos fogares.

Pouco despois saíu o 600, o mítico modelo que a pesar do seu tamaño reducido, permitía a familias enteiras ir pasar o dia á praia.

"Era unha barbaridade, pero chegabamos a ir 9 dentro. Rapaces, iso si". "Tiña cinco prazas, pero entraba toda a familia".

Era español e máis económico ca as outras marcas do mercado. Aínda que nin tan baratos. Nos anos 60, tomando como base o soldo mínimo daquela, para pagar un 600 facía falta o salario íntegro de tres anos.

Hoxe en día moitos son coches de colección, pero conste que outros tantos aínda continúan circulando polas estradas galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade